Escrito o 6 de xullo de 2012, publicado no Diario de Pontevedra (portada e contraportada do suplemento de domingo A Revista) o día 8 de xullo de 2012.
Cabalos, aloitadores e tradición protagonizan a Rapa das Bestas, a festa máis importante de Sabucedo, que esta fin de semana atrae a miles de visitantes a esta localidade estradense.
Escribe: Marina RF
Fotografía: Eifi
Escribe: Marina RF
Fotografía: Eifi
A tradición oral di que todo
comezou cunha peste, unha plaga que azoutaba á bisbarra, e dous cabalos,
ofrecidos por unhas irmás da zona, foron a ofrenda ó santo, San Lourenzo, a
cambio de protección ante a enfermidade. O santo non faiou e as irmás entregaron a parella de cabalos ó párroco que os deixou en liberdade no monte. Co tempo multiplicáronse e hoxe son máis de 600 os que vagan libres polos montes da contorna.
Cando se fala da Rapa das Bestas de Sabucedo sempre se alude á tradición, á Igrexa, ós cabalos e á loita. Sobre todo á loita: home e cabalo. “En realidade é unha loita contra a morte”, escribiu Manuel Rivas, e é ben certo.
Cando se fala da Rapa das Bestas de Sabucedo sempre se alude á tradición, á Igrexa, ós cabalos e á loita. Sobre todo á loita: home e cabalo. “En realidade é unha loita contra a morte”, escribiu Manuel Rivas, e é ben certo.
É moi complicado de explicar
a quen nunca estivo alí, a quen pense que é un enfrontamento sen máis e só vexa
violencia e mesmo humillación para os animais, sen comprender as grandes
diferencias, vantaxes e desvantaxes, dos homes e dos equinos. Uns dos maiores
orgullos dos de Sabucedo é que aquí non hai armas, non se mata, non se dana,
senón todo o contrario. Os erros, en cambio,
pódense pagar ben caro.
Non se trata dunha persoa
contra un animal (que é o home senón un animal tamén: un “lobo”, din algúns). É 'aloitador' -ou 'aloitadora'- contra a besta. Os homes ou as mulleres de Sabucedo, que medraron xunto ós cabalos, son os únicos capacitados para esta titánica
tarea, os que os coñecen e os que poden enfrontarse a eles en igualdade, aínda
que por natureza o aloitador utilice a mente fronte á forza da besta e á
agresividade do garañón, o cabalo xefe.
Son as xentes de Sabucedo as
que se encargan de levar os cabalos do
monte ó curro, de levantarse cando todavía é noite e facer que as bestas
baixen á aldea, tamén sen utilizar máis ferramentas que o característico 'pau
de moca', unha vara de carballo utilizada como apoio ou para espantar os
animais mentres se lles guía no camiño.
A pé ou a cabalo e en
grupos, decenas de veciños saen á alba e regresan ó mediodía para ser recibidos
polo resto do pobo. Os cabalos baixan todos xuntos ou en pequenos grupos: os
poldros pegadiños ás súas nais, algúns deles asustados, todavía mamando leite,
e os garañóns, decididos e robustos, forman a banda sonora nos nervios de
asfalto do pequeno Sabucedo. Durante uns minutos, que é o que dura o seu paso
polo pobo, a natureza salvaxe que representan introdúcese na aldea, aínda que
os veciños, xa acostumados, sorrín e saúdan os seus familiares que custodian os
cabalos, analizando as caras de cansancio e alegría dos que veñen do monte. Os
visitantes observan con medo, botándose ós lados das rúas case inexistentes,
temerosos ante a maxestuosidade e vigorosidade dos animais.
Ata que chega o momento de
meterse no curro cada un dos días que se celebra a rapa -hoxe realizarase ás 12.00 horas-, o resto son celebracións, festa, cultura, bailes, xuntanzas. De feito, na actualidade, o curro foi ampliado e mellorado e o programa de festas comprende numerosos actos, tantos que tamén ten cabida a solidariedade cunha pequena enferma, á que se lle dedicará o curro de mañá luns, o último deste ano.
Aprendizaxe |Os máis pequenos, os nenos de Sabucedo, vanse
formando como aloitadores ano tras ano tamén no mesmo curro, coidando dos
poldros ó mesmo tempo que aprenden dos seus maiores as diferentes técnicas para
reducir os cabalos, cortarlles a crinas e mantelos limpos e sans para o resto
do ano, cando viven en liberdade nos montes dos arredores.
Non é difícil ver ós pais
levando no colo ós rapaces na súa entrada no curro, mentres os pequenos, máis que asustados,
miran atentos cada uns dos movementos que fan os maiores coa intención de
aprender o máis rápido posible. Non dentro de moitos anos serán eles os que 'aloitarán' coas bestas e garañóns.
É realmente un capricho do destino, unha gran paradoxa, o feito de que esta aldeíña do interior de Galicia se vexa tan enormemente transformada cando chega a máis especial das súas festas, unha tradición todavía sen unha data de comezo documentada pero que, con seguridade, conta con varios séculos ás súas costas. O máximo expoñente da natureza é considerado de Interés Turístico Internacional dende o ano 2007, xunto a outras festas galegas coma a do Apóstolo en Santiago ou a Romaría vikinga de Catoira.
É realmente un capricho do destino, unha gran paradoxa, o feito de que esta aldeíña do interior de Galicia se vexa tan enormemente transformada cando chega a máis especial das súas festas, unha tradición todavía sen unha data de comezo documentada pero que, con seguridade, conta con varios séculos ás súas costas. O máximo expoñente da natureza é considerado de Interés Turístico Internacional dende o ano 2007, xunto a outras festas galegas coma a do Apóstolo en Santiago ou a Romaría vikinga de Catoira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario